A Pé De Rúa Arriba nas Galerías da Oliva

  18/05/2017  

 

A Pé de Rúa continua o seu camiño de promoción do comercio local pontevedrés . Nesta ocasión tócalle a súa quenda as galerías da Oliva o sábado 20 de Maio. Nel contarase cunha ampla participación dos establecementos comerciais que supera o 90% da totalidade.

En A Pé de Rúa galerías da Oliva poderanse encontrar importantes descontos que van dende un 10% ata un 50% e diferentes promocións.

A Programación do A Pé De Rúa Galerías é a seguinte:

11:00 - Charla sobre alimentación saudábel a cargo da nutricionista Pilar Hermida na froitaría Isabel.

12:30- Charla-café sobre Comercio Xusto SIG (degustación de café e posterior coloquio) 13:00 - Roteiro CUNCA E NECORA especial Galerías da Oliva.

17:00- Obradoiro de repostería e contacontos en Detalles Café da man de Sandra Prado. Dúas quendas (17.00 e 18.00) A partir de catro anos.

18:00- Taller de debuxo con Santiago Paredes Cruz. De seis a doce anos.
19:00- Cata de cervexa Meiga en Mama Manduca.
20.00 - Clase aberta de Lindy Hop, impartida por Carlos Tomico Pérez e Lucía Cameselle.

Para as actividades é importante reservar no correo electrónico turinapontevedra@gmail.com xa que as prazas son limitadas.

En breve A Pé de Rúa terá novo destino, o 27 de Maio na praza do Concello coa actividade
Rizando o Rizo en colaboración coa asociación de perruquerías Mais que cabelos e o 3 de Xuño cos comercios da rúa Cruz Gallastegui. Apos o paron do veran, A p da rúa volvera en setembro.

 

  Presentación

El proyecto Pontevedra Capital Shopping nace para servir a los pequeños comerciantes de Pontevedra, que forman una gran área comercial urbana cómoda y accesible, y con una oferta amplia y variada en un ámbito que invita a comprar tranquilamente.

Síguenos

Ya está disponible nuestra app para los principales modelos de teléfono. ¡Llévanos en tu bolsillo!

Datos de contacto
Concello de Pontevedra

Rúa Michelena, nº 30
36071 Pontevedra

Tel : (+34) 986 804 300
info@pontevedracapitalshopping.gal
Horario: L-V 9:00 - 13:30