Comercio local? A pé de rúa

  19/04/2017  

Atraer a xente e que entre nos comercios locais. Con este obxectivo ponse en marcha, ao amparo da marca Capital Shopping, o programa A pé de rúa. A Concellería de Promoción Económica e da Cidade promove a iniciativa que fará o seu debut o sábado 22 de abril, nas rúas Peregrina e Michelena.

A concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías, explicou que A pé de rúa é “un paso adiante” na aposta do Concello de Pontevedra a prol do comercio de proximidade, do noso comercio. Unha iniciativa que aproveita a zonificación das áreas comerciais recollida na guía de comercio de Capital Shopping e que conta coa colaboración do sector.

Na primeira acción de A pé de rúa participan 31 pequenos comercios das rúas Peregrina e Michelena, o 60% do total, “o 75% se descontamos as multinacionais que hai nelas”, indicou Anabel.

Actividades na rúa (intervención artística, concerto, obradoiros infantís) e descontos -do 10 ao 20% e nalgún caso do 50% na segunda adquisición serán os “ganchos” para captar clientes.

A acción do 22 de abril, terá continuidade os días: 20 de maio, nas Galerías Oliva; o 27 de maio, as perruquerías “rizando o rizo” sairán á rúa e 3 de xuño, será a quenda dos comercios da rúa Cruz Gallástegui. Após o parón do verán, A pé da rúa volverá en setembro.

Descargar Programa_A pe de rua (PDF)

  Presentación

O proxecto Pontevedra Capital Shopping nace para servir aos pequenos comerciantes de Pontevedra, que forman unha gran área comercial urbana cómoda e accesible, e cunha oferta ampla e variada nun ámbito que convida a mercar tranquilamente.

Séguenos

Xa está dispoñible a nosa app para os principais modelos de teléfono. Lévanos no teu peto!

Datos de contacto
Concello de Pontevedra

Rúa Michelena, nº 30
36071 Pontevedra

Tel : (+34) 986 804 300
info@pontevedracapitalshopping.gal
Horario: L-V 9:00 - 13:30