A Pé De Rúa Arriba nas Galerías da Oliva

  18/05/2017  

 

A Pé de Rúa continua o seu camiño de promoción do comercio local pontevedrés . Nesta ocasión tócalle a súa quenda as galerías da Oliva o sábado 20 de Maio. Nel contarase cunha ampla participación dos establecementos comerciais que supera o 90% da totalidade.

En A Pé de Rúa galerías da Oliva poderanse encontrar importantes descontos que van dende un 10% ata un 50% e diferentes promocións.

A Programación do A Pé De Rúa Galerías é a seguinte:

11:00 - Charla sobre alimentación saudábel a cargo da nutricionista Pilar Hermida na froitaría Isabel.

12:30- Charla-café sobre Comercio Xusto SIG (degustación de café e posterior coloquio) 13:00 - Roteiro CUNCA E NECORA especial Galerías da Oliva.

17:00- Obradoiro de repostería e contacontos en Detalles Café da man de Sandra Prado. Dúas quendas (17.00 e 18.00) A partir de catro anos.

18:00- Taller de debuxo con Santiago Paredes Cruz. De seis a doce anos.
19:00- Cata de cervexa Meiga en Mama Manduca.
20.00 - Clase aberta de Lindy Hop, impartida por Carlos Tomico Pérez e Lucía Cameselle.

Para as actividades é importante reservar no correo electrónico turinapontevedra@gmail.com xa que as prazas son limitadas.

En breve A Pé de Rúa terá novo destino, o 27 de Maio na praza do Concello coa actividade
Rizando o Rizo en colaboración coa asociación de perruquerías Mais que cabelos e o 3 de Xuño cos comercios da rúa Cruz Gallastegui. Apos o paron do veran, A p da rúa volvera en setembro.

 

  Presentación

O proxecto Pontevedra Capital Shopping nace para servir aos pequenos comerciantes de Pontevedra, que forman unha gran área comercial urbana cómoda e accesible, e cunha oferta ampla e variada nun ámbito que convida a mercar tranquilamente.

Séguenos

Xa está dispoñible a nosa app para os principais modelos de teléfono. Lévanos no teu peto!

Datos de contacto
Concello de Pontevedra

Rúa Michelena, nº 30
36071 Pontevedra

Tel : (+34) 986 804 300
info@pontevedracapitalshopping.gal
Horario: L-V 9:00 - 13:30